Condicións da Matrícula

Autorización para a publicación de imaxes do alumno/a

Coa inclusión das novas tecnoloxías destro dos medios didácticos ó alcance da comunidade da Asociación Cultural e Social de Chapela, existe a posibilidade de que nestes medios ou en reportaxes, en medios públicos poidan aparecer imaxes dos alumnos/as durante a realización das actividades culturais da Asociación ou da Escola de Música.

O dereiro á propia imaxe está recoñecido no artigo 18 da Constitución e regulado pola Lei 1/1982, de 5 de maio, sobre o dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe; e na Lei 15/1999, de 13 de decembro, sobre a Protección de datos de Carácter Persoal.

Por todo o anterior, a Direción desta Asociación pide o consentemento ó alumno, e no caso de ser menor de idade, ós seus pais/nais ou titores legales, para poder publicar as imaxes nas cales apareza individualmente ou en grupo e que con carácter pedagóxico se poidan realizar nas diferentes actividades realizadas nos locais da Asociación ou Escola e fóra dos mesmos en actividades complementarias.

Coa firma de este documento dase conformidade ó anteriormente exposto, autorizando á Asociación Cultural e a Escola de Música a un uso pedagóxico das imáxenes captadas en actividades lectivas, complementarias e extraescolares organizadas pola Asociación ou Escola nas que participe o Alumno, e publicadas:

  • Nas páxina web da Asociación (http://culturaldechapela.org) e nas súas redes sociais.
  • En filmacións destinadas á difusión educativa non comercial
  • En fotografías para revistas ou publicacións de promoción da Asociación ou da Escola.

Protección de datos de Carácter Persoal (LOPD)

Dacordo coas disposicións da Lei 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Asociación Cultural e Social de Chapela, con NIF G36163863 pon no seu coñecemento que os datos recollidos neste formulario serán incorporados pola Asociación a un ficheiro automatizado inscrito ante a Axencia de Protección de Datos que pertencen á devandita Asociación Cultural e á Escola de Música, tendo como finalidade a xestión interna dos servicios e actividades proporcionados pola Asociación/Escola, así como o seu tratamente estatístico para a mellora dos mesmos.

De conformidade co artigo 5 da citada Lei, ten dereito a acceder a esta información, a rectificala se os seus datos son erróneos e para darse de baixa do ficheiro mediante unha solicitude escrita a: Asociación Cultural e Social de Chapela, barrio Iglesia - Pinal S/N, 36320 Chapela - Redondela (Pontevedra), ou ben enviando a solicitude á dirección de correo electrónico lopd@culturaldechapela.org, cumpríndose así a notificación prevista no seu artigo 5.4

Tarifas das actividades

As tarifas das actividades da Asociación Cultural e Social de Chapela e da súa Escola de Música estarán expostas á disposición do público nos taboleiros de información dos locais da Asociación/Escola así como na páxina web da mesma. (http://culturaldechapela.org/asociacion/prezoshttp://culturaldechapela.org/escola/prezos, respectivamente).

Como norma xeral, as actividades para as persoas non asociadas terán un coste adicional de 5€ por actividade que realice. Considerarase socio a efectos de tarifa os asociados ó corrente dos pagos das cuotas, así como os seus fillos/as menores de 18 anos.

Formas de pago da actividades da Asociación

O pago das cuotas das distintas actividades nas que se matricula o/a alumno/a realizarase nos primeiros cinco días de cada mes.

Formas de pago dos cursos da Escola de Música

O pago das cuotas das distintas actividades nas que se matricula o alumno poderase realizar sóamente mediante domiciliación bancaria, totalizadas nun único pago a efectuar o día 10 de cada mes.