Presentación do Grupo de Pandeireteiras Semente Nova
O Grupo de Pandeireteiras “Semente Nova”, nace o 6 de Agosto do 1994, no seo da Asociación Cultural e Social de Chapela como unha máis das actividades que se desenrolan na Asociación.
Nun principio, escomenza como escola de pandereteiras baixo a dirección de Emilio Sotelino, co cal fán a súa presentación en Decembro de 1995. Na mesma, son apadriñadas polos Grupos de pandereiteras de Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, e por Maliaxe, do Grupo de Coros e Danzas Lembranzas Galegas, de Vigo.
En Febreiro de 1997, prodúcese un troco na dirección do grupo, sendo Francisco X. Vicente, o director e o que e fai cargo do mesmo.
Escomenza entón, un longo traballo de recolleitas e ensaios, daquelas cantigas que cantaban os nosos maiores, e que se fan realidade nas múltiples actuacións que este grupo fixo por toda Galicia e polo norte de Portugal.
Dende, setembro do 2000 o grupo e dirixido pola mestra Beatriz Cela Rojo.
Actualmente o grupo está composto por 20 persoas de diferentes idades, as cales traballan día a día na procura de manter viva esta parte da nosa cultura, seguindo de esta maneira a andanza dos nosos costumes, facendo diversas actuacións pola xeografía galega, portuguesa e asturiana, recuperando vestimenta dos nosos antergos e cantigas con toques de pandeireta, pandeiro, cunchas, latas de pimentón, piñas etc. Como facían os nosos avós.