Presentación do grupo de Baile Fonte do Ouro
O grupo de Baile Fonte do Ouro crease o 6 de Maio do 1994 baixo a dirección de Dña. Carmen Pérez Alonso. Despois de crearse o grupo de Baile Xente Nova, formado por nenos, as nais destes rapaces sentiron a necesidade de crear entre elas outro grupo de baile para pasar o seu tempo libre. O que parecía en principio un grupo máis ben para pasar o tempo, convertiuse en poucos meses nun grupo de gran nivel.
Esta agrupación realiza actuacións por toda a xeografía galega, e realizou tamén intercambios con agrupacions portuguesas coma por exemplo o Grupo Folklórico de Santa Cristina de Longos e o Grupo Creimoxil-Guimares, entre outros.
Este grupo organiza anualmente Festivales Folclóricos e intercambios con distintos grupos de Galicia.
No ano 2000 o grupo de baile está baixo a ensinanza do mestre Santiago Almunia Costas. Dende a sua incorporación o grupo viaxau varias veces a Lisboa, Coimbra, Guimares, así como tamén dentro da xeografía Galega (Convenios Interparroquiais) e as festas das comunidades como as de Rande, a da Virxen do Carme, o Fin de Curso, San Fausto de Chapela, etc.
En setembro do 2017 dirixe o grupo Alexandre Fernández Castro.