Presentación do Grupo de Gaita Os Xuveniles
O grupo de Gaitas Os Xuveniles pertencente á Asociación Cultural e Social de Chapela, fai a súa primeira presentación ante o público, o 13 de Maio de 1992, baixo a dirección de Manolo González Cruces, sendo apadriñado polo Grupo de Gaitas Refolaveixo da Asociación de Veciños de Candeán.
O grupo comeza con seis gaiteiros: dúas gaitas altas, dúas gaitas baixas, tambor e bombo.
Foi dirixido tamén polos Mestres Manuel Oliveira Rodríguez, Telmo Costas Comesaña, Alberto Miranda Sanromán e Diego González Mariño.
Desde os seus comezos o Grupo de Gaitas participou en varios certames e festivais, así como en festas por todo o territorio galego.
O Grupo de Gaitas ten viaxado varias veces a Lisboa, Coimbra, Guimares, así como tamén dentro da xeografía Galega. Tamén acompaña en todas as actuacións a os grupos: Semente Nova, Xente Nova e Fonte do Ouro.
En estes momentos o Grupo de gaitas os xuveniles esta dirixido polo mestre Abraham Fernández López.