Benvid@ á Asociación Cultural e Social de Chapela!
Queremos amosarte neste espazo toda a información relativa á Asociación e á Escola de Música, as súas actividades e as dos grupos e a banda de música que xorden no seu seo.
Pero toda esta labor cultural e social non se podería dar feito sen as aportacións dos Socios e Entidades Colaboradoras, polo que aproveitamos tamén este espazo para agradecervos a vosa colaboración.
Próximas actividades ou cursos
Últimas novas
Un Verán de Música na Escola de Música de Chapela
A escola de música de Chapela ten en marcha diferentes actividades orientadas a promover a música dun xeito divertido e lúdico ao tempo que oferta alternativas de ocio para todas as idades durante o vindeiro mes de xullo.
FESTIVAL FIN DE CURSO ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA
A Escola de Música de Chapela, celebra o próximo venres 26 de Xunio as 19 horas, no auditorio do Multiusos de Chapela, o seu Fentival fin de curso, con actuacións do seu alumnado, nas cales daran mostra das ensinanzas recibidas durante o curso.
ASOCIACIÓN CULTURAL DE CHAPELA CELEBRA O SEU FESTIVAL FIN DE CURSO 2015
Asociación Cultural e Social de Chapela, celebra o Próximo Sábado 27 de xunio, as 19 horas no Multiusos de Chapela o seu festival fin de curso, coas actuacións dos seus grupos de música , baile e teatro.
XXIV Festival Folclórico Asociación Cultural de Chapela
A Asociación Cultural e Social de Chapela celebra, o Sábado 30 de Maio as 18 horas, no Multiusos de Chapela, o seu XXIV Festival Folclórico organizado polos grupos folclóricos da Asociación.
A ASOCIACIÓN CULTURAL DE CHAPELA PRESENTA "MAMI&NONÓLOGOS" O PRIMER MONÓLOGO DE CRISTIAN
A Asociación Cultural de Chapela, coa colaboración da concejalia de Cultura , presenta o Sábado 23 de maio ás 21:00 horas no auditorio do Multiusos de Chapela, o primeiro monólogo De Crístian titulado Mami&Monólogos.
O Teatro Afeccionado
Qué é ser afeccionado? Os significados máis antigos destas palabras, afeccionado ou afeccionado, atendían á experiencia en si mesma, ao desfrute desta e non aos resultados. Ser afeccionado ou afeccionado traducía máis o desfrute que proporcionaba o exercicio dunha actividade, aínda que os resultados non cumprisen os canons da ortodoxia profesional.
10 razóns polas que facer teatro
O teatro é unha desas opcións completas para poder afastar da mente o estrés laboral (e mesmo familiar) e centrarse nun mesmo e no desenvolvemento de habilidades que probablemente nos son descoñecidas. Non falamos de acudir ao teatro como público, senón ser parte do mundo teatral.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »