Novas do Grupo de Gaita Os Xuveniles

Eiquí podes consultar as últimas novas do grupo de gaita Os Xuveniles. Tamén publicarémolas en Facebook.

"Fonte Do Ouro" e "Os Xuveniles" actuan en Saxamonde

O grupo de Baile "Fonte do Ouro" acompañado do grupo de gaitas Gaitas "Os xuveniles" ,da Asociación Cultural de Chapela, actuarán o sábado 4 de xullo no centro cultural de Saxamonde na festa do viño da casa, que celebra esta parroquia, e dentro da programación cultural do convenio interparroquial

Diario de Pontevedra - A cultura vive en Chapela

Na parroquia de Chapela, en Redondela, a cultura e as tradicións galegas atópanse en bo estado grazas ás agrupacións Fonte do Ouro e Os Xuveniles. A primeira, dirixida por Santiago Almunia, é un conxunto de baile folclórico que viaxa por toda Galicia e Portugal exportando o folclore de Galicia. A segunda, a cargo do mestre Abraham Fernández, é un grupo de gaitas que o acompaña nas súas viaxes, ademais de contar coas súas propias actuacións. Xunto a diversos cursos e actividades, compoñen a oferta cultural da Asociación Cultural e Social de Chapela.

Páxinas