O grupo de baile "Fonte Do Ouro" e o grupo de gaitas " Os Xuveniles" pertencentes á Asociación Cultural e Social de Chapela, actuarán o sábado 5 de setembro ás 21 horas na Praza da Torre de dentro da programación cultural de verán do concello de Redondela
O grupo de Baile "Fonte do Ouro" acompañado do grupo de gaitas Gaitas "Os xuveniles" ,da Asociación Cultural de Chapela, actuarán o sábado 4 de xullo no centro cultural de Saxamonde na festa do viño da casa, que celebra esta parroquia, e dentro da programación cultural do convenio interparroquial
O Grupo de Baile Galego da Asociación "Fonte Do Ouro" actuara o proximo domingo 21 de xunio as 11 da mañan en Redondela na celebración do día da muñeira xunto cos diferentes grupos de baile das distintas parroquias de vila Redondelan os que acompañaran grupos convidados de outros concellos
A Asociación Cultural e Social de Chapela celebra, o Sábado 30 de Maio as 18 horas, no Multiusos de Chapela, o seu XXIV Festival Folclórico organizado polos grupos folclóricos da Asociación.
Na parroquia de Chapela, en Redondela, a cultura e as tradicións galegas atópanse en bo estado grazas ás agrupacións Fonte do Ouro e Os Xuveniles. A primeira, dirixida por Santiago Almunia, é un conxunto de baile folclórico que viaxa por toda Galicia e Portugal exportando o folclore de Galicia. A segunda, a cargo do mestre Abraham Fernández, é un grupo de gaitas que o acompaña nas súas viaxes, ademais de contar coas súas propias actuacións. Xunto a diversos cursos e actividades, compoñen a oferta cultural da Asociación Cultural e Social de Chapela.