A Asociación cultural e social de chapela rende homenaxe o seu presidente fundador alejandro bastos
A Asociación Cultural e social de Chapela rende homenaxe ao seu presidente fundador Alejandro Bastos. o acto que se celebrará o vindeiro domingo 12 de Marzo ás 18:00 horas no Multiusos de Chapela, é un recoñecemento á súa dedicación e traballo pola música e a cultura da parroquia de Chapela. A Asociación Cultural de Chapela quere tamén que ese traballo e a paixón que sempre tubo pola música quede reflexada nunha composición Musical que levará o seu nome, para iso, Andrés Álvarez, Compositor e director da Banda de Música de Chapela, compuxo un pasodobre Marcha que se presentará ao público ese mesmo día.
Alejandro Bastos foi fundador da Asociación Cultural e Social de Chapela. Durante o tempo que presidio a mesma puxo en marcha a Escola de Música, e ao abrigo da propia Asociación creáronse diferentes grupos de música e baile tradicional, entre eles o grupo de Baile “Fonte D`Ouro”, Pandereteiras “Semente Nova” e o grupo de gaitas “Os Xuveniles” .
na mesma época nace a Banda de Música de Chapela , a coral “O Piñeiral” e un grupo de guitarras, ao que sígueo a presentación da Banda de Música de Chapela .
No que se refire a grandes eventos estivo á fronte da organización do primeiro festival do dia da Muñeira, o festival de Bandas de Música, que este ano celebrou a súa 26 edición, só interrompido nos anos de pandemia, varios festivais de rondallas ou a festa dos maios, diferentes desfiles de entroido e festas de fin de ano, así como a dinamización da cultura da parroquia cunha extensa programación cultural sempre cunha gran presenza de público e participantes. Durante os anos como presidente das festas do Carme de Chapela consígueo unha dos mellores programas no historial desta festa, e como máis destacada a actuación de Juan Pardo na nosa parroquia.
Non nos podemos esquecer que o foi tamén o que puxo en marcha a feira de Chapela que actualmente se celebra os días 2 e 16 de cada mes.
O acto homenaxe contará coas actuacións da Coral “O Piñeiral”, as pandereteiras “Semente Nova”, o grupo de gaitas “Os Xuveniles” e pechará o acto a banda de de Música de Chapela que será a encargada de facer a presentación de pasodobre Marcha que levará o seu nome.