A Asociación Cultural e Social de Chapela retoma seu ciclo de teatro
CHAPELA ABRE O TELÓN O IX CICLO DE TEATRO
A Asociación Cultural de Chapela retoma o seu ciclo de teatro despois de dous anos de parón obrigado polas restricións da pandemia .
O vindeiro sábado, 14 de xaneiro ás 20:00 no Auditorio do Multiusos de Chapela ábrese o telón á IX edición deste ciclo, coa posta en escena da obra "Non queremos perdices" obra interpretada pola compañia Ilusionistas, unha obra divertida para público familiar con nenós /as a partir de 6 anos.
O ciclo continuase o sábado 21 de Xaneiro coa obra “Tapersex” a cargo da compañía Expresión Teatro.
O sábado 28 de Xaneiro o grupo de teatro Atlántida de Matama pon en escena a obra “As impresentables”, e xa para o peche deste Noveno ciclo de teatro o grupo Fonte Da Tella poñerá en escena dúas obras “A clase Particular” e “O Pazo dá Duquesa”.
A entrada será libre ata completar aforo.
Este ciclo de teatro conta coa colaboración do Concello de Redondela e a Deputación de pontevedra