A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA OFRECE UN CONCERTO HOMENAXE A XELA ARIAS
O venres 17 de Decembro celébrase o día da Edición no calendario do libro e da lectura de galicia.
Para fextexar esta efeméride e pechar así o calendario de actividadesque ten desenvolvido a Biblioteca Xela Arias de Chapela, este ano a carón da homenaxe do día das Letras Gallegas, o que valeo o premio de innovación Bibliotecaria de Galicia 2021, as Bibliotecas Municipais de Redondela aliase coa Escola de Música de Chapela para facer un pequeno e moi emotivo concerto co seu alumnado.
Concerto que estará formado por tres grupos de cámara formado por alumnos da escola.
Estes tocarán diferentes temas en homenaxe a Xela Arias, con arranxos musicais de Andrés Álvarez, director da Banda de música de Chapela, ademáis dun tema de composición propia.
Para conformar estes tres grupos de cámara, a Escola de Música organizou un concurso musical entre todo o seu alumnado,para o que se presentaron máis de 20 participantes.
De entre os gañadores e mais os mellores intérpretes de cada instrumento, poderemos gozar deste concerto.
A Cita é o venres 17 as 20:00 horas no auditorio do Multiusos de Chapela, con entrada libre ata completar as localidades