A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA ENTRE AS ESCOLAS DE MÚSICA DE GALICIA CON MAIOR NÚMERO DE ALUMNADO

A escola de Música de Chapela atópase, nos últimos 4 anos, entre as escolas de Música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro, con maior número de alumnos en toda Galicia . Nunha listaxe de 41 Escolas, este curso atópase nun 6º Posto superando mesmo a escolas de municipios con maior densidade de poboación que Redondela.

A falta de espazo nas actuais instalacións limita o aumento de numero de alumnos, de non ser así este centro estaría nunha posición mais favorable, como sucedeu en anos anteriores, con respecto a outros centros,  Polo que desde a dirección da Escola se continua insistindo ao concello de Redondela na necesidade de buscar unha nova localización para a construción dunhas novas e mais amplas instalacións, para atender, a cada vez maior demanda de alumnos/ as que na actualidade pasan a formar parte das listas en espera para o seu ingreso na escola.

 O éxito e o gran crecemento deste centro débese á ampla oferta de especialidades en ensinos musicais das que dispón, cun método de ensino propio tanto para nenos/ as como adultos, baseado nun ensino lúdico para alumnado que desexan contar con coñecementos musicais para tocar instrumentos como afeccionados, ao mesmo tempo que dispón dun ensino regrado para aqueles alumnos que ven na música unha saída profesional e dos cales, todos os/ as presentados a probas de acceso a conservatorios, acceden aos mesmos coas máximas cualificacións. Isto Tamén sen esquecer que na actualidade a Escola de Música de Chapela conta cun equipo de mozos docentes altamente cualificados.