A Escola de Música de Chapela ten aberto o prazo de matricula e ofrece clases para todas as idades en máis de 20 instrumentos
A Escola de Música de Chapela, nos baixos do pavillón Manuel González Soto, conta actualmente con 220 alumnos. Xa teñen a matrícula aberta para o próximo curso 2021-22, cunha ampla oferta formativa para público de todas as idades. Desde os 3 ata os 99 anos, ou máis, o centro conta con clases adaptadas aos diferentes niveis do alumnado. Hai clases tanto para aqueles que desexen aprender música a nivel afeccionado, cun método de ensino lúdico, como os que queiran acceder a un futuro profesional. E ofertan un amplo abano “con máis de 20 instrumentos diferentes”, como apunta Paula Lago, profesora do centro.
A escola ofrece clases de música para todas as idades e máis de 20 instrumentos diferentes
O centro de formación musical de Chapela, autorizado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ten aberta a matrícula para o próximo curso durante todo o mes de xullo. O centro está tamén de parabéns porque todos o seu alumnado que se presentou ás probas de acceso de grao profesional e elemental no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, conseguiron aprobar obtendo as mellores notas nesta convocatoria. De feito, desde a inauguración nas actuais instalacións, no ano 2013, a Escola de Música de Chapela conseguiu que todo o alumnado que se presenta ás probas as superase coas mellores cualificacións. Un éxito que é froito do traballo dos alumnos e tamén dunha programación “organizada e dirixida” desde o comezo do curso para acadar este obxectivo. Os excelentes resultados son “un orgullo” para O centro de formación musical de de Chapela
O alumnado da Escola de Música de Chapela acadou as mellores notas nas probas de acceso ao Conservatorio
Lago Granada profesora do centro, graduada en Pedagoxía Xeral e do Linguaxe Musical, sinala que estes resultados son aínda máis satisfactorios tendo en conta as dificultades ás que tiveron que someterse este ano por mor da pandemia. Desde o centro puxeron en marcha unha plataforma virtual para seguir con clases “en liña” cando as presenciais non eran posibles. Esta plataforma utilízana tamén ao longo de todo o curso para reforzar o ensino presencial e manter “unha comunicación constante e instantánea” cos alumnos e as familias.
A escola conta cunha plataforma virtual para dar clases a distancia e reforzar o traballo presencial