La Asociación Cultural de Chapela comienza el curso 2021-2022 con una amplia oferta de actividades

 
ASOCIACIÓN CULTURAL E SOCIAL DE CHAPELA COMEZA O CURSO CUNHA AMPLIA OFERTA DE ACTIVIDADES E UN RIGOROSO PROTOCOLO ANTICOVID
Este curso a Asociación Cultural e Social de Chapela presenta unha amplía oferta de actividades pensadas para todas as idades.
As persoas interesadas poden elixir entre 24 actividades diferentes.
Nas xa ofertadas en anteriores anos, conta con actividades de formación como cursos de inglés para nenos/as e adultos, manualidades, e pintura. Actividades saudables e de mantemento físico como Pilates, Ioga, Ximnasia, Adestramento circuíto ou Zumba.
Na súa Escola de Baile impartiranse clases en todas as modalidades para nenos/as, xóvenes e adultos .
Os cursos de cociña para nenos/as e adultos pretenden ofertar unha cociña participativa, con menús sans , nutritivos e de baixo orzamento, onde tamén se degustarán todos os pratos elaborados. Pensando nas persoas maiores e de mobilidade reducida ofértanse actividades de Biodinámica onde se realizan exercicios sentados e encamiñados á conservación e mellora das condicións físicas, tonificación e coordinación das articulacións en xeral, ademais de traballar con exercicios para mellorar a memoria.
Como cada ano tamén segue ampliando a oferta de actividades, e aparte dás anteriormente mencionadas, as novas ofertas para este curso son: talleres de teatro para nenos/as xóvenes e adultos, e costura creativa .
Na escola de Música de Chapela xestionada pola propia Asociación conta tamén cunha amplia oferta en clases musicais.
Tamén se realizarán ao longo do curso diferentes talleres, charlas e conferencias con diferentes obxectivos.
Todas as actividades teñen un prezo reducido para socios/as e están impartidas por monitores altamente cualificados. Os grupos, como nopasado curso, serán máis reducidos e cun rigoroso protocolo anti COVID como toma de temperatura á entrada de cada alumno/a, desinfeción e ventilación de aulas e mobiliario a entrada e saída de cada grupo para así garantir a saúde de usuarios e monitores.
Durante todo o curso se seguira ampliando a oferta de actividades dependendo da demanda xa que a Asociación cultural de Chapela sempre está aberta a calquera proposta de actividade feita polos propios usuarios.
As persoas interesadas poden ampliar a información na WEB: www.culturaldechapela.org E-mail: asociacion@culturaldechapela.org
Telf: 986452244 (con chamada ou WhatsApp)
Nas oficinas da Asociación no Multiúsos do Piñeiral do Crego e na Escola de Música de Chapela.
 
¿ESTÁS PENSANDO QUE fACER CANDO TERMINE O VERAN?
¡Te damos algunHas ideas!
Non importa a Idade que teñas, non importa o que che guste, no importa o tempo do que disponñas.
Na Asociación Cultural de Chapela temos a actividade que tí necesitas impartida por monitores profesionais
Ven , pregunta e inscríbete
Asociación Cultural de Chapela
Convertimos aa cultura en ocio