Acceso ao Conservatorio 2021-2022

Xeral

Información Xeral

Descripción da Actividade

Actividade na cal se prepara a proba para acceso ao convervatorio

¿A quen vai dirixido?

Alumnado cos catro cursos de grado elemental rematado.

Idade requerida: 
12-15años
Requisitos: 
Ter aprobado 4 cursos de linguaxe musical

¿Qué se traballará no curso?

Ritmo e lectura

 Lectura medida nas claves de sol e fa en 4ª dun ou varios fragmentos rítmicos coas dificultades axeitadas ao seu nivel cos contidos vixentes na programación de Linguaxe musical correspondente ao grao elemental.

 Lectura interválica dun fragmento sinxelo desde calquera nota.

Entoación En calquera tonalidade maior ou menor ata tres alteracións:

 Entoar a escala correspondente a unha melodía ou peza dada, coa axuda dun pedal de tónica no piano.

 Entoar o arpexo de tónica correspondente a unha melodía ou peza dada, coa axuda dun pedal de tónica no piano.  Entoar os acordes tonais correspondentes a unha melodía ou peza dada, co acompañamento dos acordes placados no piano.

 Entoar a escala correspondente a unha melodía ou peza dada aplicando un modelo melódico-rítmico dado, a modo de progresión, coa axuda dun pedal de tónica no piano.

 Entoar os acordes tonais correspondentes a unha melodía ou peza dada, aplicando un modelo melódico-rítmico dado, co acompañamento dos acordes placados no piano.

 Entoar un fragmento melódico con ou sen acompañamento de piano coas dificultades axeitadas o nivel.

Audición

 Realización de ditado rítmico, melódico ou rítmico- melódico a unha voz de ata un máximo de 16 compases (en calquera tonalidade maior ou menor ata dúas alteracións)

 Identificación auditiva e escritura de acordes perfectos maiores e menores.

 Recoñecemento auditivo e escritura de escalas maiores e menores, nos seus diferentes tipos.

 Identificar auditivamente o modo maior e menor e o cambio de modo en tons homónimos.

 Identificación do pulso e do compás de fragmentos escoitados.

 Identificación da tonalidade e a modalidade de fragmentos escoitados

Teoría e análise Realización dunha batería de exercicios na que se demostre o coñecemento e dominio dos contidos incluídos na programación vixente correspondente o grao elemental.

 Interválica: Todos os intervalos ata o de 8ª e as súas inversións.

 Tonalidades (todas, agás as que implican dobres alteracións). Tonalidades relativas.

 Escalas maiores e menores (nos seus catro tipos).

 Termos relacionados co carácter, a dinámica e a agoxica.

 Estruturas melódicas e formais sinxelas (a-b, a-b-a, a-b-a’, rondó simple, etc.).

 Recoñecer cadencias e distinguir o seu carácter conclusivo ou suspensivo.

 Recoñecer graos tonais e graos modais dentro dunha tonalidade determinada.

 Recoñecer notas alleas a harmonía (floreos e notas de paso).

 Recoñecer os acordes tonais (I, IV e V). Recoñecer o acorde de 7ª de dominante.

 Recoñecemento dos acordes triadas (maiores e menores, aumentados e diminuídos) e as súas inversións.

 Demostrar a capacidade de lectura vertical nunha partitura para piano.

 As claves, correspondencias entre elas.

 Equivalencias: pulso=pulso e figura=figura (tempos desiguais) Alteracións dobres e enharmonías (notas, intervalos e tonalidades) Normas para atopar a tonalidade dunha obra musical

 Análise visual de melodías e pequenas pezas sinxelas seguindo tódolos parámetros traballados neste apartado de coñecementos teóricos e analíticos.

Lugar e datas

Duración: 
01/09/2021 a 30/06/2022
Instalaciones: 
Escuela de Música