tras dez días de parón polas medidas restrictivas do COVI, a Asociación Cultural reactiva as suas actividades
Dende a dirección da Asociación Cultural e Social de Chapela informamos de que a partir do 2 de NOVEMBRO REACTIVARANSE AQUELAS ACTIVIDADES QUE AS CIRCUNSTANCIAS O PERMITAN e que se estaban a facer no multiúsos de Chapela. Retomaremos respetando as restricións sanitarias (máximo 5 persoas) e as medidas de seguridade (hixiene de mans, medición da temperatura, distancia mínima 1,5 e todos/as con máscara obrigatoria). Estas son MEDIDAS TEMPORAIS ata que mellore a situación actual e podamos voltar a grupos de 9 alumnxs.
Para levar a cabo estas medidas, cada profesor contactará cos seu alumnado para organizar grupos de asistencia.
Grazas pola vosa colaboración e polo apoio recibido. Seguimos traballando para tratar de normalizar na medida do posible a realidade que estamos a vivir á espera dunha pronta recuperación da situación.
¡¡¡moito ánimo a todxs!!!