A Asociación Cultural arranca o curso con novidades e medidas sanitarias reforzadas
ASOCIACIÓN CULTURAL E SOCIAL DE CHAPELA COMEZA O CURSO CON UNHA AMPLIA OFERTA DE ACTIVIDADES E UN RIGOROSO PROTOCOLO ANTICOVI
Este curso a Asociación Cultural e Social de Chapela presenta unha amplía oferta de actividades pensadas para todas as idades.
As persoas interesadas poden elixir entre 24 actividades diferentes.
Nas xa ofertadas en anteriores anos, conta con actividades de formación como cursos de inglés para nenos/ as e adultos, manualidades, e pintura. Actividades saudables e de mantemento físico como Pilates, , Ioga, Ximnasia, adestramento circuíto ou Zumba
Na súa Escola de Baile impartiranse clases en todas as modalidades para nenos/ as, xóvenes e adultos .
Os cursos de cociña para nenos e adultos pretende ofertar unha cociña participativa , con menús sans , nutritivos e de baixo orzamento, onde tamén se degustarán todos os pratos elaborados. Pensando nas persoas maiores e de mobilidade reducida ofértanse actividades de Biodináica onde se realizan exercicios sentados e encamiñados á conservación e mellora das condicións físicas, tonificación e coordinación das articulación en xeral, ademais de traballar con exercicios para mellorar a memoria
Como cada ano tamén segue ampliando a oferta de actividades , e aparte dás anteriormente mencionadas, as novas ofertas para este curso son: talleres de teatro para neno/ as xóvenes e adultos , e costura creativa .
Na escola de Música de Chapela xestionada pola propia Asociación conta tamén cunha amplia oferta en clases musicais
Tamén se realizarán ao longo do curso diferentes talleres, charlas e conferencias con diferentes obxectivos.
Todas as actividades teñen un prezo reducido para socios/ as e están impartidas por monitores altamente cualificados e os grupos este ano serán mais reducidos e cun riguroso protocolo anti COVI con toma de temperatura a entrada de cada alumno/a , desinfeción e ventilación de aulas e mobiliario a entrada e saída de cada grupo para así garantir a saúde de usuarios e monitores.
Durante todo o curso se seguira ampliando a oferta de actividades dependendo dá demanda xa que a Asociación cultural de chapela sempre está aberta a calquera proposta de actividade feita polos propios usuarios.
As persoas interesadas poden ampliar a información en : WEB: culturaldechapela. Org
E-mail: asociacion@culturaldechapela.org
Tlef: 986452244 (tamén a traves de wasapp)
Nas oficinas dá Asociación non Multiusos do Piñeiral do Crego e Escola de Música de Chapela