concerto 25 aniversario Banda de Música de Chapela

¡CUMPRIMOS 25 ANOS!

Dende a Banda de Música de Chapela e con motivo do 25 aniversario queremos convidarvos ao noso PRÓXIMO CONCERTO que será o 15 de FEBREIRO ás 19:00 no multiúsos de Chapela.
En especial a aqueles músicos, directivos e colaboradores que formaron parte desta familia ao longo da nosa traxectoria musical.
Agradecemos a María Domínguez, actual compoñente da Banda de música, pola súa colaboración debuxando a todos os directores que pasaron pola banda, para o cartel do evento.