A comedia volve ser a protagonista no VIII ciclo de teatro afeccionado de Chapela
A programación arranca este sábado con A Festa da primavera, unha proposta orientada ao público infantil e familiar a cargo do grupo de teatro Ilusionistas de Ponte Caldelas. Será o sábado 11 ás 18:30h no Multiúsos do Piñeiral con entrada de balde ata completar o aforamentos. Completan o ciclo as obras Con Vivir, Get Back e O Avarento, todas elas ás 20:30 horas.
"Un ciclo de calidade, para todos os públicos e no que prima a comedia" así resume Carmen Asenjo esta programación de teatro que organizan dende a Asociación Cultural e social de Chapela co obxecto de facilitar aos veciños da parroquia a posibilidade de achegarse a esta actividade completamente de balde.
Unha programación que arranca cunha obra de creación colectiva adaptada e dirixida por Manuel Solla que está pensada para os máis pequenos. Unha fábula nun bosque encantado cunha coidada posta en escena e un colorido vestiario.
Seguiralle o sábado 18 "Con vivir" do grupo Expresión Teatro da Sociedade Cultural os Carballiños, quen non propoñen un espectáculo en clave de comedia orientado ao público adulto. Diferentes sckets para falar das relaciones sociais en ámbitos diversos: familiar, laboral, sentimental, pero sempre con humor.Será ás 20:30 horas.
A terceira das propostas será o día o día 25, coa obra "Get Back" do grupo teatro Porta aberta de Vigo. Pechar o ciclo un clásico, unha adaptación de Moliere baixo o título "O avarento", a cargo da compañía de Teatro Rueiro de Vigo.