EXPOSICIÓN DE ADORNOS DE NADAL NO MULTIUSOS DE CHAPELA

Unha exposición dos traballos realizados polo alumnado dos talleres de Manualidades, que ao longo de todo o curso imparte a Asociación Cultural de Chapela , contará con máis de 120 obras e poderá ser visitada ata o día 10 de decembro no holl do Multiusos de Chapela .

 Entre as obras expostas o público asistente poderá atopar unha ampla  variadade de pezas decoradas con motivos do Nadal. centros de mesa , figuras para nacementos, árbores , botellas .... e mesmo pezas realizadas con materiais reciclados, todos eles pensados para realizar e achegar ao visitante unha idea para decorar a súa vivenda ou como agasallo para estas festas.  

Galería fotos: