A palabra ioga deriva da raíz "yuj" que significa unión. O ioga traballa esta unión do corpo, alma e mente consigo mesmo e co universo. A división é unha ficción á que os hindús chaman: "A ilusión da realidade".
O ioga é unha disciplina milenaria que provén de Oriente, especificamente da India, cunha tradición de máis de 5000 anos. Podería dicirse moito, pero sintetizando: o ioga é unha técnica que traballa a mente, o corpo e o espírito.
Ten variantes segundo o lugar onde se practica: India, Tibet, etc. É un coñecemento intuitivo e práctico. Avoga por ese espazo de autocoñecemento imprescindible que necesitas para saber quen es e que propósito ha de dirixirte na túa vida. Isto podes alcanzalo a través da práctica da meditación.
Hai moitas mostras sobre os beneficios do Ioga pois certamente quen o practica consegue un incremento do seu benestar tanto físico coma mental e espiritual, como te comentei antes. Aquí tes algúns:
Mellora a flexibilidade, o ton muscular e o estado físico en xeral.
Prodúcese un cambio enerxético que modifica todo o funcionamento do organismo, equilibrándoo.
O ioga traballa sobre os Chakras, que son centros de enerxía localizados en determinadas partes do corpo. Lógrase harmonizar a zona física onde están situados, o que permite que a enerxía circule, flúa libremente.