ESPAZO MAIORES 2018/2019

Xeral

Información Xeral

Descripción da Actividade

UN  PROXECTO PENSANDO NOS NOSOS MAIORES, UN NOVO ESPAZO RECREATIVO E DE LECER NO MULTIUSOS DE CHAPELA

A Asociación Cultural e Social de Chapela en colaboración co Concello de Redondela,  a Asociación de Maiores UDP e as Bibliotecas de Redondela, pon en marcha un novo proxecto coa creación dun espazo recreativo e de lecer no Multiusos de Chapela. 
Un espazo onde os usuarios dispoñerán de sala de lectura con prensa diaria , sala de xogos con axadrez, domino, naipes. Etc. así como diferentes talleres e actividades, charlas e coloquios, todos eles encamiñados a facilitar a vida cotiá dos nosos maiores. 

¿A quen vai dirixido?

* Maiores de 55 anos

* Desempleados

Idade requerida: 
55-99años
Requisitos: 
Imprescindible ficha de inscripción. Nas actividades de movemento, (ximnasia, pilates, taichi, etc) será preciso roupa cómoda e holgada que facilite os exercicios.

Lugar e datas

Duración: 
22/10/2018 a 31/07/2019
Instalaciones: 
Multiusos