A Banda de Música de Chapela seleccionada para participar no certame Internacional de bandas “Cidade de Benavente” que se celebrará os días 6 e 7 de Xullo .
A Banda de Música de Chapela competirá neste certame, con 9 Bandas de diferentes puntos de España, Francia e Portugal, coa obra “Poema de Arealonga”
Poema de Arealonga é a primeira e única obra musical dedicada á parroquia de Chapela e escrita expresamente para a súa Banda de Música, un traballo realizado polo compositor vigués Angel Montes por encargo do seu anterior director Santiago Barreira, como agasallo de despedida á fronte da formación Chapelana no ano 2015 .
A Obra, é un poema sinfónico tomando como inspiración, tanto elementos históricos como paisaxísticos do litoral de Chapela. O título fai referencia á praia principal da parroquia e pretende ser unha homenaxe ás súas xentes, as súas praias, as súas paisaxes e acontecementos históricos como a Batalla de Rande acontecidos nas proximidades da súa costa" e coa cal a Banda de Música de Chapela representará a Chapela e Redondela no certame Internacional de Bandas cidade de Benavente, coa pretensión de deixar esta obra entre as primeiras e darlle á mesma unha proxección internacional