A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA CELEBRA O ii FESTIVAL DE BANDAS ESCOLAS

A Escola de Música de Chapela celebra o seu II festival de Bandas Infantís coa participación das dúas agrupacións de bandas escolas pertencentes ao centro de formación Musical a Banda- escola iniciación e Banda- escola avanzado,  e como banda convidada a banda escola de Música de Candean. 
A Banda Escola de Música de Chapela nace no ano 2006 a iniciativa de Francisco Abal Rosales, Director dá Banda de Música de Chapela neses momentos, co obxetivo de que os alumnos dá Escola de Música de Chapela empezasen a gozar dá oportunidade de facer música en grupo e seguir as indicacións dun director , aprendizaxe como antesala a sua futura incorporación como futuros Músicos dá banda de Música de Chapela.
 Durante os seus primeiros anos, e xa baixo a batuta dun novo director, Seberino Pedrosa , participa en diferentes intercambios de festivais de Bandas Escolas Dá provincia, realiza diferentes actuacións en festivais e infinidada de actos culturais realizados na parroquia de Chapela.
Dende a súa fundación os seus compoñentes teñen a experiencia dá dirección de diferentes directores, aos xa mencionados contaron tamén coa dirección de Juan Jose Igrexas González e Victor Sanchez teijeira. 
Non ano 2017 a Banda- escola divide ós seus alumnos para poder formar ós alumnos en conxunto instrumental ó pouco tempo de coller o instrumento. Formanse dúas agrupacións: Banda- escola iniciación e Banda- escola avanzado. 
  Dende o ano 2016 a Banda Escola de Chapela esta dirixida polo compositor e director dá Banda de Música de Chapela ,Andres Álvarez.

A cita deste festival  sábado 30 de Marzo as 18:00 horas non auditorio do Multiusos de Chapela, con entrada libre ata completar aforamento