Promover o deporte é un dos obxectivos desta actividade de sendeirismo que pretende levar aos participantes a coñecer diferentes espazos de Galicia e norte de Portugal.
A organización corre a cargo de Alba Villar, monitora deportiva que tamén imparte outras especialidades na Asociación, e que promove estas saída como xeito de animar aos veciños a realizar deporte en grupo ao tempo que se coñece o territorio.
Con todo, o obxectivo é poñer en marcha un calendario quincenal que inclúa outros percorrido e barallan a posibilidade de facer o Camiño de Santiago en tramos.