Asemblea Extraordinaria a celebrar o próximo día 30 de Novembro do 2018, ás 20:00 horas
Serafín López Álvarez, en calidade de presidente da Asociación Cultural e Social de Chapela, convoca a todos os socios/as á próxima Asemblea Extraordinaria a celebrar o próximo día 30 de Novembro do 2018, ás 20:00 horas en primeira convocatoria e 20:30 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
• Lectura e aprobación da acta anterior.
• Elección da nova xunta directiva.
• Asuntos varios.
• Rogos e preguntas.
Recordamoslle que según consta nos estatutos desta Asociación, os/as socios/as interesados en presentar a súa candidatura para elección da nova xunta directiva deberan estar inscritos en calidade de socio/a con un período mínimo de 1 ano, así como estar ó corrente no pago do seu recibo.
A presentación de candidaturas deben realizarse en sobre pechado, dende o 5 ó 16 de Novembro do 2018, nas nosas oficinas do Multiúsos de Chapela ou na propia conserxería do centro, dentro do seu horario de apertura (17:00-20:00), ou ben mediante correo certificado dirixido a:
Asociación Cultural e Social de Chapela
Piñeiral Nº 22 (Edificio Multiúsos ) 36320 Chapela
Debido á importancia dos temas a tratar e considerando que ésta Asociación pertence a todos, rogamos a máxima asistencia.
Para contactar con nós chamar ó teléfono: 986 452 244.