a asociación Cultural de Chapela pon en marcha un curso de fabricación de artigos de decoración de Nadal

A asociación cultural e Social de Chapela pon en marcha uns talleres para fabricación de artigos de decoración de nadal; centros de mesa , figuras para o nacemento ou detalles para decorar a casa entre outros,  son os articulos que os alumnos poderán aprender facer .
Para dar a coñecer en que consisten os mesmos, conta cunha exposición ata o 10 de Novembro no Multiusos de Chapela de entrada libre, con traballos realizados por alumnado do curso de manualidades que a Asociación cultural imparte durante todo o curso. 
 Os talleres impartiranse os días 8 e 14 de Novembro de 16:30 a 18:00 horas a un prezo de 10€ .

As persoas interesadas deberan realizar a súa inscrición nas oficinas da asociación no multiusos de Chapela no seu horario de atención ao público