A ASOCIACIÓN CULTURAL DE CHAPELA PON EN MARCHA UN NOVO PROXECTO PENSANDO NOS NOSOS MAIORES, UN NOVO ESPAZO RECREATIVO E DE LECER NO MULTIUSOS DE CHAPELA
UN NOVO PROXECTO PENSANDO NOS NOSOS MAIORES, UN NOVO ESPAZO RECREATIVO E DE LECER NO MULTIUSOS DE CHAPELA
A Asociación Cultural e Social de Chapela en colaboración co Concello de Redondela e a Asociación de Maiores UDP, pon en marcha un novo proxecto coa creación dun espazo recreativo e de lecer no Multiusos de Chapela..
A inauguración deste novo espazo será o vindeiro luns día 22 de Outubro no seu horario matinal de 10:00 a 13:00 Horas, onde os usuarios dispoñerán de sala de lectura con prensa diaria, sala de xogos con axadrez, domino, Naipes. Etc. Así como Diferentes talleres e actividades, charlas e coloquios, todos eles encamiñado a facilitar a vida cotiá dos nosos maiores
Esa mesma semana, o venres 26/10 dúas interesantes actividades para mellorar a saúde:
XIMNASIA TERAPEUTICA ( de brazos e costas para xente con bastóns ou mobilidade reducida, faise sentados e apoiados nunha cadeira) en horario de 10:00 a 11:00 e
MOBILIDADE ARTICULAR ( actividade dirixida a facer exercicios que se aplican á vida cotiá, vestirse, calzarse, varrer, abrir portas, etc) en horario de 11:00 a 12:00
Tamén esa mesma semana mais actividades gratuitas e de libre acceso o público en xeral
MERCORES 24/10 de 9:30 a 10:30 TAICHI
XOVES 25/10 DE 10:00 A 11:00 PILATES
luns 20/10 de 10:00 a 11:00 MEMORIA
ANÍMATE A PARTICIPAR