A ximnasia ten como obxectivo lograr un acondicionamento físico xeneral, onde se traballan elementos de coordinación e de mobilidade articular, así como de acondicionamento físico, normalmente, de baixo impacto (sen saltos) ou de nivel moderado e exercicios nos que se combinan movementos de pernas e brazos con desprazamentos. Ademais, trabállase a tonificación e definición muscular localizadas, combinando un traballo efectivo e específico a través do uso de diferentes materiais (gomas, mancuernas, etc.).
A todas aquelas persoas que desexen realizar exrcicio de mantenemento o mesmo tempo que aprende a respirar ampliando a capacidade pulmonar, e mellorar a postura correxindo erros de posición
A ximnasia de é unha forma de exercitar o noso corpo perfecta para aquelas persoas de calquera idade que non busquen un obxectivo concreto como pode ser aumentar de masa muscular ou perder peso, senón que, simplemente, queiran sentirse ben e activos realizando unha actividade de baixa intensidade.
* Traballa todos os músculos do corpo
*Contribúe á reeducación corporal
*Mellora a coordinación
*Favorece o descanso
*Mellora a calidade de vida e os síntomas doutras doenzas
entregar a ficha de inscripción correctamente cuberta acompañada de unha fotocopia DNI