A Asociación Cultural de Chapela presenta as súas actividades para o próximo curso na rúa
A ASOCIACIÓN CULTURAL DE CHAPELA PRESENTA AS SÚAS ACTIVIDADES NA RÚA
A Asociación Cultural e Social de Chapela fai a presentación dás actividades que impartirá durante o próximo curso cunhas Master- Class gratuítas que se realizarán ao aire libre nos exteriores do Multiusos de Chapela.
As Master - class serán gratuítas e abertas a todos/ as que se queiran achegar a coñecer a oferta de actividades que presenta a Asociación Cultural de Chapela e que serán impartida polos seus monitores, e que comezarán o vindeiro xoves ás 20:30 cunha Master- Class de Zumba, notificación e estiramento, o venres 21 ás 18:30 preséntase a actividade de Pilates, o luns 24 ás 17:00 continuamos con Tahichi, Arobic e Ximnasia, ás 19:00 Horas con Ioga e ás 20:30 bailes de salón e Latinos .
O miercoles 27 ás 17:00 de novo ofrécese clases de Tahichi, Arobic e Ximnasia,.
A Asociación Cultural de Chapela ofrece ademais das actividades xa mencionadas cursos de Íngles para nenos e adultos, Baile infantil, debuxo e pintura, manualidades, lingua de signos, teatro, baile galego ou calquera especialidade musical, así como diferentes cursos de distintas especialidades durante todo o ano.
desde a Asociación Cultural de Chapela anímase e convídase a todo o que o desexe achegarse a coñecer todos os cursos que imparten, e aos cales poderán asistir a unha primeira clase de forma gratuíta ata completar o aforamento da aula en que se imparta a clase.