ANÓTATE Á NOVA ACTIVIDADE QUE COMEZA ESTE XOVES NA ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA. EXPRESIÓN MUSICAL.

EXPRESIÓN MUSICAL: Asignatura pensada para alumno/as a partir de 6 anos de idade. O propio corpo convertirase na ferramenta principal dentro da aula. Pretende ofrecer un método práctico de ensinanza musical que amplía as fronteiras hacia a expresión corporal, os valores de traballo en equipo e o desenrolo das capacidades creativas e imaxinativas. O método a empregar serán xogos de distensión, cooperación, comunicación, resolución de conflictos, axilidade mental e estratexia grupal, movilidade e psicomotricidade.

 

Para mais información os interesados/as poden dirixirse a:

E-MAIL: escolademusica@culturaldechapela.org

WEB: www.culturaldechapela.org

TLF: 986452244- 636124635  (Begoña)

Ou nas nosas instalacións nos baixos do pavillón de Chapela en horario de tarde.