XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA DO 10-14 SETEMBRO
A Escola de Música de Chapela abre as súas portas do 10-14 de setembro dando a oportunidade a todas as persoas a achegarse a escola visitar calquer clase e anotarse no intrumento ou clase que máis lle gustara. Neste curso a Escola de Música de Chapela oferta: oboe, frauta traversa, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión clásica e tradicional, pandeireta, gaita, canto, guitarra, piano, violín, violonchelo, música e movemento, iniciación á linguaxe musical, linguaxe musical para todas as idades, banda, e como novidade expresión musical (asignatura pensada para alumnos/as a partir de 6 anos de idade. O propio corpo convertirase na ferramenta principal dentro da aula. Pretende ofrecer un método práctico de ensinanza musical que amplía as fronteiras hacia a expresión corporal, os valores de traballo en equipo e o desenrolo das capacidades creativas e imaxinativas).
Para mais información os interesados/as poden dirixirse a:
E-MAIL: escolademusica@culturaldechapela.org
WEB: www.culturaldechapela.org
TLF: 986452244- 636124635 (Begoña)
Ou nas nosas instalacións nos baixos do pavillón de Chapela en horario de tarde.