ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2018-2019 NA ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELAi

A Escola de Música de Chapela abre o prazo DE inscrición de matrícula para o curso 2018-2019 .
 Para o novo curso a Escola de Música de Chapela oferta 20 especialidades de ensinos misicais, Música tradicional ,canto e un novo método de ensino dixital e a posibilidade de pasar a formar parte dos seus grupos musicais como as Banda de Música , grupos de cámara, coro, gaita ou pandeireta,  o que permite ao alumno/na  poñer en práctica os coñecementos  musicais que vai adquirindo durante o curso.
 A escola de Música tamén dispón dun método propio de ensino para para nenos/ as a partir de 0 anos e adultos sen límite de idade
O centro está subvencionada pola propia Banda de Música da parroquia e o Concello de Redondela o que lle permite que o prezo non sexa un impedimento para poder optar aos seus cursos e que a oferta dos mesmos poida chegar a todo o que desexe aprender e gozar da Música

Para mais información os interesados poden dirixirse a:
E-MAIL: escolademusica@culturaldechapela.org
WEB: culturaldechapela.org
TLF: 986452244- 636124635  (Begoña)
Ou nas nosas instalacións nos baixos do pavillón de Chapela