Ioga 2018-2019

Xeral

Información Xeral

Descripción da Actividade

a palabra ioga deriva da raíz "yuj" que significa unión. O ioga traballa esta unión do corpo, alma e mente consigo mesmo e co universo. A división é unha ficción á que os hindús chaman: "A ilusión da realidade".

O ioga é unha disciplina milenaria que provén de Oriente, especificamente da India, cunha tradición de máis de 5000 anos. Podería dicirse moito, pero sintetizando: o ioga é unha técnica que traballa a mente, o corpo e o espírito.

Ten variantes segundo o lugar onde se practica: India, Tibet, etc. É un coñecemento intuitivo e práctico. Avoga por ese espazo de autocoñecemento imprescindible que necesitas para saber quen es e que propósito ha de dirixirte na túa vida. Isto podes alcanzalo a través da práctica da meditación.

Hai moitas mostras sobre os beneficios do Ioga pois certamente quen o practica consegue un incremento do seu benestar tanto físico coma mental e espiritual, como te comentei antes. Aquí tes algúns:

Mellora a flexibilidade, o ton muscular e o estado físico en xeral.
Prodúcese un cambio enerxético que modifica todo o funcionamento do organismo, equilibrándoo.
O ioga traballa sobre os Chakras, que son centros de enerxía localizados en determinadas partes do corpo. Lógrase harmonizar a zona física onde están situados, o que permite que a enerxía circule, flúa libremente.

 

¿A quen vai dirixido?

A todas persoas que por diferentes situacións precisen Mellorar a flexibilidade, o ton muscular e o estado físico en xeral.

Idade requerida: 
15-99años
Requisitos: 
0 alumno debe asistir a clases con chandal ,calzado cómodo e esterilla

¿Qué se traballará no curso?

traballarase todos os aspectos da práctica desta disciplina, poñendo especial interes en Mellora a flexibilidade, o ton muscular e o estado físico en xeral tratando de atender as necesidades de cada alumno

Profesor/Monitor: 

Lugar e datas

Duración: 
03/09/2018 a 30/06/2019
Instalaciones: 
Café