Festival Fín de Curso Asociación Cultural e Social de Chapela

A Asociación cultural de Chapela celebra, o seu fin de curso cunha xornada de actividades pensada para todas as idades. 
Comezamos ás 16:30 con xogos infantís. Ás 18:30 contaremos coas actuacións dos grupos de Música e baile da asociación onde darán a coñecer o traballo realizado durante o curso.
Remataremos a xornada cunha cea baile a partir das 21:00 horas , na que o profesor de baile da asociación ofrecerá unhas Master- Class a todos os asistente.
Durante toda a xornada tamén se poderá visitar a exposición de Manualidades realizadas polos alumnos desta actividade e por suposto tamén se poderá disfrutar do noso servizo de cafetería e as estupendas vistas do entorno da celebracíón . 

a cita o vindeiro sábado 30 de Xuño no Multiusos de Chapela con entrada libre para todas as actividades.