A Asociación Cultural e Social de Chapela pon en marcha o seu VI ciclo de teatro
A Asociación cultural de Chapela inicia mañá sábado 13 de Xaneiro a VI edicion do seu ciclo de teatro en colaboración coa concellería de cultura do concello de Redondela.
As citas serán os sábados 13 , 20 e 27 xaneiro e 3 de febreiro.
As compañias a Cividade de Mos, baixo dirección de Javier Carreiro, que inicia este ciclo mañá sábado 13 de xaneiro, poñerá en escena a obra "se hai que bailar bailamos", continua o sábado 20 Lúa Chea, dirixida por Manuel Solla coa obra "Abre a Porta", o sábado 27 Fonte Dá Tella baixo a dirección de salvador Álvarez interpretan "A fermosa dorotea" ,e xa para finalizar e como peche deste VI ciclo de teatro, a compañia Mistur- Art Teatro, pertencente á Asociación cultural de Chapela , baixo a dirección de Chusa Couñago, poñerán en escena o sábado 3 de Febreiro a obra " Oito" .
Este ciclo de teatro foi posto en marcha hai 6 anos pola Asociación cultural e Social de Chapela co obxectivo de fomentar esta arte escénica na parroquia, e ao mesmo tempo suplir a carencia deste tipo de representacións en Chapela, unha idea que desde o principio recibiu o apoio da concelleria de cultura de Redondela e para sorpresa dos organizadores unha estupenda acollida por parte do público con aforamento completo en todas as representacións, polo que os animou a continuar co ciclo ampliando cada ano a presenza do número de compañías que poñen en escena as obras deste ciclo.
a cita das 4 xornadas de teatro serán no multiusos de Chapela ás 20:00 con entrada libre ata completar aforamento, e as entradas se recolleran 1 hora antes no despacho de billetes do multiusos de Chape