A ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA IMPARTIRÁ CLASES DE MÚSICA EN INGLES PARA BEBES

A Escola de Música de Chapela retoma as clases de Music-class, unha actividade pensada para nenos/as de 0 a 3 anos.
Music- class é un programa de música recoñecido a nivel internacional, para nenos/as desde recen nacidos ata os 3 anos, acompañados dun adulto (nai, pai, titor, cuidadador) un programa de ensino musical baseado nunha serie de investigacións sobre o desenvolvemento musical apropiado para nenos que combina, música e xogos impartidos en Ingles por unha profesora nativa con titulación de grao superior de Música, e que mellora a capacidade de escoita, atención, análise e comprensión musical dos bebes, un novo método de ensino para bebes que a Escola de música de Chapela traslada ás súas aulas de educación musical infantil.