En termos xerais as manualidades, son traballos efectuados coas mans, con ou sen axuda de ferramentas. Tamén se denomina así aos traballos manuais realizados como actividades escolares polos propios alumnos. Xeralmente denomínase así a aqueles labores nos que se busca unha realización persoal, unha creatividade caseira, ou na maioría dos casos unha forma de desconectar do traballo ou ben como entretemento para combater o tedio ou o aburrimento.
A nenos/as a partir de 3 anos e adultos sen límite de idade que queiran disfrutar realizando traballos coas mans
O presente curso de carácter practico, presentado pola Asociación Cultural de Chapela, ten por finalidade que o alumno logre crear belas decoracións en distintas superficies como madeira, latón etc., aplicándolles papel ou tea e vernizando varias veces, ata que queden perfectamente integrados, parecendo que fose unha pintura. Pódese aplicar esta técnica con panos da mesa de papel, recortes de teas ou recortes de debuxo papel de regalo. Obxectivos Lograr que o alumno aprendan a técnica do Decoupage co fin de que este poida aplicala a calquera decoración ou traballo creativo. Programa El programa é só unha proposta e é axustable ás necesidades e intereses do alumno. Aplicacións en caixas de Madeira e outras superficies rugosas de similares características. Decora bandexas, caixiñas, gardapanos, entre outros con terminacións en verniz ou resina. Aplicacións en Vidro e louza (superficies lisas). Decora pratos, vasos, botellas, pezas de latón, floreiros cun delicado rematado en craquelado. Aplicacións en Tea. Decora toallas de baño, fundas de coxíns, panos ou calquera outro obxecto téxtil. Aplicacións en Porcelana Fría (traballos en sobre relevo). Decoupage 3D. Crea decoracións con volume ideais para decorar caixiñas ou o que ti desexes. Aplicacións con pan de ouro e prata. Envejecidos.Decora as túas obras dando un toque de luz en ouro ou prata e aprende a envellecer as pezas usando betume de judea, óleos e médium.
inclue pequenos materiais
Entregar a ficha correctamente cuberta acompañada de unha fotocopia DNI