A BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA CELEBRA O SEU XXII FESTIVAL DE BANDAS
A Praza dá Torre de Redondela sera escenario, mañá sábado 22 de xullo as 22:00 horas , do XXII Festival de Bandas de Música."Banda de Música de Chapela", un festival que en edicións anteriores realizáronse na parroquia de Chapela, organizado pola Banda de musica da parroquia, e no que, en cada edición, participaron bandas do mais alto nivel de toda a xeografía española. este ano se quixo trasladar este festival ao centro dá vila, xa que nesta ocasión, sera o Concello xunto coa Banda de Música de Chapela o encargado dá sua organización.
Nesta Edición o festival contará coas actuacions dá Agrupación Musical de Belesar e Agrupación Musical de Goian como Bandas convidadas e a Banda de Música de Chapela como Banda anfitriona. Esta Edición conta tamen cunha novidade na que as Bandas participantes realizarán un pasarruas por distintas rúas da vila.