MÚSICA E HUMOR O PRÓXIMO DOMINGO NA ALAMEDA DE CHAPELA CON ODAIKO E A BANDA DE MÚSICA DE CHAPELA

O vindeiro domingo, 23 de xullo, ás 9 da noite, a alameda de Chapela será o escenario dun espectáculo no que se xuntarán a música co humor da man da Banda de música de Chapela e o grupo de percusión Odaiko percussion group.

Este concerto está pensado para o público infantil e adulto que, ademais, terá unha importante participación na actuación, tanto os máis cativos, que se poderán entrar nos clásicos da música, como os adultos.

A función será unha viaxe musical por diferentes países e culturas, da man do humor, no que a Banda de Música de Chapela estará acompañada dun dos mellores grupos de percusión existentes na actualidade.