ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA NOVOS ALUMNOS NA ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA

 

A Escola de Música de Chapela abre o prazo de matrícula para o novo curso (2017-2018) a partir do próximo Martes 13 de Xuño.
a admisión de novos alumnos realízase por rigorosa orde de entrada de matrículas, para alumnos/as a partir de 3 anos e sen límite de idade, os cales poderán elixir entre mais de 20 especialidades de ensinos de instrumentos, Música e movemento para nenos/as a partir de 3 anos, linguaxe musical, aprendizaxe para afeccionados ou formación como futuros profesionais, e a posibilidade de formar parte dos distintos grupos musicais dos que dispón o centro, (banda de música, grupo de gaita e pandeireta ou coro) .
A inscrición de alumnos/as realízase nas oficinas da Escola de Música de Chapela na Avda. de Redondela 17 (Baixos do Pabellon Municipal de Chapela) en horario de 17:00 a 21:00 horas, cubrindo os formularios oficiais facilitados na propia é escola ou descargándo os mesmos na paxina Web www.culturaldechapela.org

desde a dirección da Escola de Música de Chapela, lembrar tamén que seguen aberto o prazo de inscrición para os cursos de verán e en campamento Música e ínguas que realizará o centro durante o mes Xullo

PASA E VISITA AS NOSAS INSTALACIÓNS:

 https://www.youtube.com/watch?v=bEvBwC1ME_o