A Escola de Baile da Asociación Cultural de Chapela celebra o XII Festival de Baile
A Asociación Cultural e Social de Chapela, a través da súa Escola de Baile celebra o seu XII Festival de Bailes coa participación dos grupos de baile da propia Escola e diversos grupos invitados.
Máis de 100 bailaríns subirán ao escenario para poñer en escena distintas modalidades desta disciplina, onde o público poderá gozar do chachachá, merengue,paso dobre, salsa ou tango, entre outros. Tamén contaremos con diversas coreografías de baile moderno.
A cita será o vindeiro sábado 6 de maio ás 20:30 horas no Auditorio do Multiusos de Chapela, con entrada de balde ata completar aforamento.