O director da Banda de Música de Chapela Ándres Álvarez Poñera a Música de "ELA"
O compositor elexido polos directores galegos da ANDB para pór a música ó relato “ELA”, de Verónica Rodríguez Martínez, é Andrés Álvarez.
O xurado premiou ó relato “ELA”, pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte.
No encontro da Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia deste verán faráse a estrea da obra, editándose a mesma a través da ANDB.
Dende a Asociación Nacional de Directores de Banda queremos agradecer ao compositor Andrés Álvarez a súa implicación neste proxecto pioneiro e innovador: a de poñer música a un relato en galego seleccionado dun concurso, escrito por unha xove escritora (Verónica, 3º E.S.O.) e interpretado por xóvenes músicos do noso país.
Andrés Álvarez, compositor natural de Goián (Tomiño, Pontevedra)
Andrés Álvarez.Comeza os seus estudos musicais na Agrupación musical de Goián, da cal é membro fundador, da man do mestre Juan Carlos Díaz, para posteriormente realizar os estúdios de trompeta e composición no conservatorio Superior de música de Vigo baixo a tutela de mestres como Juan Eiras, Carlos Cambeiro, Pablo Beltrán o Fernando Buide entre outros.
Especialízase en composición para banda e o medio audiovisual con mestres como Angel Montes, Bart Picqueur, Franco Cesarini, Bert Appermont, Óscar Navarro ou Ferrer Ferrán.
A día de hoxe a súa obra ten recibido diferentes galardóns en diferentes concursos de composición, sendo esta tamén estreada e interpretada en diferentes países como Francia, Belgica, Holanda, Italia, Japón, Venezuela, Colombia, Australia… destacando a xira por Brasil, realizada no ano 2015, xunto co quinteto RUBATO, para o estreno do concerto Symphonic Sketches, para quinteto de vento e banda, na que o propio compositor dirixiu o estreo ca banda sinfónica do Cubatâo no teatro SESC de Santos.
Andrés Álvarez ten impartido numerosos cursos de composición e instrumentación por toda a xeografía española e portuguesa así como participado como membro de diferentes xurados, destacando a derradeira edición do certame internacional de bandas Flicorno D’Oro de Riva del Garda, Italia.
Colabora co compositor Óscar Navarro como asistente e orquestador. Destacando a instrumentación para banda da suite “El Olimpo de los Dioses”, o traballo como orquestador e asistente na gravación da banda sonora do largometraxe “Sueños de Sal”, gañador do Goya á mellor película documental no ano 2015 ou a orquestración da suite para banda e orquesta da banda sonora da película “La Mula”.
No campo da dirección de banda asistiu a diferentes cursos e clases con mestres como José R. Pascual Villaplana, Carlos Díaz, Rafa Agulló, Javier Viceiro ou Jan Cober.
Dende xaneiro do 2015, compaxina o seu traballo como compositor co de director artístico da Banda de música de Chapela.