A Asociación Cultural de Chapela fai a presentación do seu 5º Ciclo de teatro
O vindeiro sábado 14 de Xaneiro ás 20:00 Horas arrancamos coa V edición do Ciclo de Teatro en Chapela.
A presentación realizouse no auditorio do Multiusos de Chapela coa presenza de representantes das compañias de teatro participantes, a concelleira de cultura de Redondela Teresa Paris, e Begoña Rial e Fernando Casas en representación da Asociación Cultural e Social de Chapela
Expresión Teatro "Os Carballiños" abren este ciclo poñendo en Escena a obra "Un día moi movidiño"
Nesta V Edición compartimos organización coa concellalia de cultura do Concello de Redondela, que unha vez mais segue apostando por proxectos culturais en Chapela.
Desde o Concello e a asociación Cultural de Chapela quixemos darlle un novo formato a esta nova edición, que esperamos guste e teña a mesma aceptación que anos anteriores.
Do mesmo xeito, que en anteriores edicións, o ciclo prolóngase durante catro semanas.
Á representación do sábado 14 seguiralle o 21 de Xaneiro o grupo "Fonte dá Tella" coa obra "A media luz os Tres" 28 de Xaneiro o colectivo A Corda coa obra "Supershow" e xa para rematar o 4 de Febreiro, o peche deste V ciclo correrá a cargo do grupo de teatro da Asociación Cultural de Chapela "Misturart Teatro" que poñerá en escena a obra "En pe de Guerra" .
Todas as representacións realizaranse no auditorio do Multiusos de Chapela ás 20:00 horas, con entrada libre ata completar aforamento.
as entradas poden recollerse o venres 13 a partir das 17:00 no Multiusos de Chapela e, 1 hora antes da función, en taquilla