A Asociación Cultural de Chapela organiza unha excursión a ribeira sacra
A Asociación Cultural e Social de Chapela , organiza o vindeiro sábado 1 de outubro, unha excursión aos canóns do sil.
Saímos ás 8:00 horas desde o Pavillón de Deportes de Chapela con destino á Ribeira sacra, cunha breve visita a Monforte de Lemos.
Ás 11:00 embarcaremos en Doade nun catamarán para dirfrutar das paisaxes do Rio Sil cos seus sinuosos canóns nun percorrido de 14 Km.
Ao finalizar comeremos nun restaurante da zona.
Xa pola tarde realizaremos unha ruta turística no tren turístico Aba Sacra. unha vez finalizada esta ruta e antes de iniciar o regreso a Chapela faremos unha visita con degustación ás Adegas de Regina Viarum.
O precio para Socios/as e de 45€ por persoa. As persoas non socias pagaran un suplemento a maiores de 5€