VISITA DO ALCALDE JAVIER BAS A ESCOLA DE MÚISCA DE CHAPELA

Hoxe na Escola de Música de Chapela, contamos coa visita do alcalde Javier Bas, o concelleiro de cultura e a concelleira de benestar social, viñeron para interesarse persoalmente polo traballo que se realiza na Escola, acompañáronnos durante as audicións que realizaron os alumnos.
Aproveitaron para reunirse coa directiva e interesarse por todo o relativo ao funcionamento e as necesidades da Escola.
O Alcalde falou cos pais e alumnos, aos que lles traslado o apoio a este proxecto e infórmolles do convenio económico que vai asinar en breve coa Escola de Música.
aproveitou tamén para felicitar ao profesorado polo traballo que están a realizar, animándoos a seguir traballando co mesmo entusiasmo.
No nome de todos os que formamos parte de deste proxecto grazas polo apoio e os ánimos recibidos