1991-2016 Asociación Cultural e social de Chapela 25 anos fomentando a cultura
1991-2016
25 ANOS PARA VALORAR, 25 ANOS PARA LEMBRAR
Trascurridos xa 25 anos, transcorrido xa un cuarto de século, convén facer unha valoración dos mesmos, pasar aos agradecementos de todos aqueles que fixeron e seguen facendo posible este gran proxecto.
25 anos que se puxo en marcha un dos máis ambiciosos proxectos culturais na parroquia de Chapela, coa firmeza e a seguridade de alcanzar o éxito obtido,
25 anos traballando pola cultura, 25 anos de música, bailes, tradicións, desfiles, festas, exposicións, concursos festivais, actividades que deron lugar ao encontro entre veciños.
25 anos onde se viu nacer a 1ª Banda de Música da parroquia, a 1ªEscola de Música, o noso grupo de gaitas pandereitas, Baile galego e teatro
Por aquí pasou ese coro de guitarra, ese grupo de baile Jazz, esa coral infantil e xuvenil; uns continúan, outros atoparon outros camiños, pero non se perderon no tempo, porque aquí deixaron o recordo da súa xente, do seu traballo e das súas vivencias.
Aquí soaron as primeiras e mellores notas de Chapela, aquí déronse os primeiros pasos de baile, aquí déronse os primeiros cantos, aquí están o recordo de moitos chapelanos/as porque aquí moitos veciños/as viviron e viven grandes momentos.
2016 é o ano conmemorativo do nacemento da Asociación Cultural e Social de Chapela, no transcurso do mesmo iremos publicando anacos da nosa historia que seguro que a moitos nos traerán recordos, momentos, vivencias, tropezos pero sobre todo moitos e grandes éxitos.
no transcurso deste ano habra moitas sorpresas culturais.
E xa de momento agradecer, a todos os que durante estes 25 anos formaron e seguen formando parte desta asociación dunha forma ou outra, a profesores e monitores, alumnos, socios, a todos/as aqueles que durante estes anos colaboraron de forma desinteresada coas distintas directivas, aqueles que polo seu labor especial foron nomeados socios honoríficos, a todos os compoñentes dos nosos grupos musicais, baile e teatro, presidentes e directivos, pero dunha forma especial á persoa que tivo a idea e puxo en marcha este gran proxecto, ao seu fundador
ALEJANRO BASTOS FERNÁNDEZ