A Escola de Música de Chapela fai a presentación do novo curso con un concerto didáctico

A Escola de Música de Chapela fará a presentación do seu próximo curso, o venres 4 de Setembro ás 19 horas no auditorio do Multiusos de Chapela, cun concerto didáctico no que contará coas actuacións do Quinteto Rubato , a Banda de Música de Chapela e o profesorado da Escola de Música, polo que convida a todos os amantes da música, e en especial aos mais pequenos, a descubrir como aprender a tocar un instrumento dunha forma divertida.

Á finalización do concerto designaranse os horarios para o alumnado de instrumentos