EN AGOSTO TAMÉN PODES MATRICULARTE NA ESCOLA DE MÚSICA DE CHAPELA
A Escola de Música de Chapela informa que durante o mes de agosto podes matricularte para o curso 2015-2016 a traves do noso E-mail escolademusicadechapela@hotmail.com solicitando toda a infromación que precises.
As materias que ofertamos son as seguintes
MUSIC CLASS (A partir de 0 anos) e un programa de música para bebes e nenos/as pequenos donde xogan, cantan e bailan en inglés. O ser acompañado polos pais fortalece o vinculo afectivo cos pequenos mentras estes aprenden
LUDOTECA MUSICAL (a partir dos 2 anos): Trátase dunha primeira toma de contacto coa música mediante o xogo e talleres musicais.
(MÚSICA E MOVEMENTO(de 3 á 5 anos): A súa finalidade é o ensino musical, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices. Divídese en tres niveis educativos segundo a idade.
LINGUAXE MUSICAL (a partir de 6 anos, sen límite de idade): Actividade na cal se aprende a ler música para poñela en práctica co instrumento que se escolla.
INSTRUMENTO
Os ofrecidas polo centro son: óboe, frauta, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión, gaita, pandeireta, percusión tradicional, violoncello, contrabaixo, batería, piano, guitarra, acordeón e voz. ( aberto tamén a outras posibilidades elexidas polo alumno)
A práctica instrumental abrangue:
APRENDIZAXE AFECCIONADA: Para o desenvolvemento persoal e a interpretación colectiva.
FORMACIÓN PARA FUTUROS PROFESIONAIS: Estudo individual e colectivo profesional e preparación para o acceso aos conservatorios
.
CONXUNTO: Itinerario que contempla a formación instrumental ou vocal nas agrupacións do Centro (Banda de música, Grupo de gaita, Grupo de pandeireta).