Baile Infantil 2015-2016

Xeral

Información Xeral

Descripción da Actividade

Aos nenos, dende moi pequeñitos, encántalles bailar. É escoitar música e poñerse a bailar, deseguida o seu corpo empeza a moverse. O baile é unha actividade que debemos fomentar porque é moi beneficiosa para os nenos, tanto dende o punto de vista físico como psíquico.
O baile é unha reacción innata nos nenos. Unha investigación recente afirma que os bebés nacen programados para bailar, teñen unha predisposición natural a moverse ao ritmo da música e que casualmente canto máis sincronizan os seus movementos coa música, máis lles gusta.
Son movementos que lles provocan pracer e que adoitan ir acompañados dun sorriso, coa vantaxe engadida de que se deixan levar e non senten ningunha vergoña. A propia desinhibición permítelles gozar do baile con maior liberdade.
Como tantas outras cousas na etapa de desenvolvemento, o baile tamén é aprendizaxe. E non hai mellor forma de aprender que gozando do que facemos. É por iso que o baile é unha práctica que debería fomentarse dende que son moi pequenos, mesmo antes de que poidan poñerse de pé.
Beneficios do baile nos nenos
O baile infantil, trátase dunha actividade física que favorece o exercicio cardiovascular, ademais de fortalecer os músculos e mellorar a elasticidade e o sentido do equilibrio.
Pola súa banda, favorece a coordinación, a memoria e a concentración. Os movementos repetitivos e a intención de facer pasos coordinados que acompañen á melodía é un grande estímulo para o desenvolvemento psicomotor do neno. Permítelle tamén ter un maior coñecemento do seu propio esquema corporal.
Contribúe ademais a adquirir sentido do ritmo e oído musical, e dende o punto de vista social, axúdalles a desinibirse, a facer novos amigos e a unha maior sociabilización.
Non hai que esquecerse algo moi importante: que bailar contribúe a mellorar a autoestima, a liberar tensións e a fortalecer a confianza en si mesmo.

¿A quen vai dirixido?

Nenos/as de 3 a 14 anos

Idade requerida: 
3-15años

¿Qué se traballará no curso?

O baile infantil, trátase dunha actividade física que favorece o exercicio cardiovascular, ademais de fortalecer os músculos e mellorar a elasticidade e o sentido do equilibrio.
Pola súa banda, favorece a coordinación, a memoria e a concentración. Os movementos repetitivos e a intención de facer pasos coordinados que acompañen á melodía é un grande estímulo para o desenvolvemento psicomotor do neno. Permítelle tamén ter un maior coñecemento do seu propio esquema corporal.
Contribúe ademais a adquirir sentido do ritmo e oído musical, e dende o punto de vista social, axúdalles a desinibirse, a facer novos amigos e a unha maior sociabilización.
Non hai que esquecerse algo moi importante: que bailar contribúe a mellorar a autoestima, a liberar tensións e a fortalecer a confianza en si mesmo.

Este e outro aspectos como os anteriormente citados son os que se traballaran neste curso impartido pola Escola de Baile da Asociación Cultural de Chapela

Lugar e datas

Duración: 
01/09/2015 a 30/06/2016
Instalaciones: 
Aula 2