Teatro 2014-2015

Xeral

Información Xeral

¿A quen vai dirixido?

10 razóns polas que facer teatro
O teatro é unha desas opcións completas para poder afastar da mente o estrés laboral (e mesmo familiar) e centrarse nun mesmo e no desenvolvemento de habilidades que probablemente nos son descoñecidas. Non falamos de acudir ao teatro como público, senón ser parte do mundo teatral.
Nunha clase de teatro trabállanse aspectos como a expresión corporal, técnicas de voz, improvisación, análise de texto, posta en escena e sobre todo, desenvolver o imaxinario dun xeito que só os nenos adoitan facer. Volver xogar co noso ámbito e con xente coa que se arrisca a saír da súa zona de confort para tirarse á piscina e experimentar. Que vai achegarnos todo iso no noso día a día?
1. Vencer a timidez: Ser obxecto de todas as miradas ao subir ao escenario fai que aqueles que queiran vencer a súa timidez (xa sexa por necesidades persoal ou laboral) encontren no teatro unha actividade perfecta para ir, pouco a pouco, acostumando a ser observados.
2. Mellora das habilidades psicomotrices: Nos exercicios de expresión corporal poténciase o uso do corpo como ferramenta de traballo, o coñecemento e exploración de movementos pouco habituais. Isto fai do teatro unha actividade dinámica e física, ideal para facer fronte aos males do sedentarismo.
3. Falar en público: A pesar de non ter esa timidez da que falabamos no punto primeiro, os exercicios de dicción e vocalización son moi útiles para aqueles que necesiten falar en público. Trátase de recursos cos que preparar na casa relatorios e outras intervencións, mellorando a dicción e a entoación, reforzando así a mensaxe do discurso.
4. Mellora nas relacións sociais: Superar o medo ao conflito e ao contacto físico e crear vínculos cos compañeiros, axuda a reforzar as habilidades á hora de coñecer xente.

5. Reforza a autoestima: A superación en cada clase e a repetición de exercicios e dinámicas nas que o alumno se decata da súa melloría, proporciona seguridade.
6. Eliminación de tabús: Interpretar cada día personaxes diferentes achéganos a situacións que nunca teriamos imaxinado, facéndonos sentir na pel do outro e defendendo actitudes que probablemente nunca nos formularamos.
7. Volver xogar: o desenvolvemento do imaxinario teatral e a evasión da rutina diaria nos trasporta a mundos novos e inexplorados, e proporciona ferramentas para levar o día a día de forma amena e divertida. Se ademais tedes peques na casa, abriravos un abano de posibilidades para xogar con eles
8. Liberación: O teatro contribúe á eliminación de barreiras persoais e utilización dun espazo para poder ser libre, e deixar de lado as estruturas marcadas pola sociedade.
9. Coñecemento e aceptación persoal: O teatro implica "espirse emocionalmente" en cada clase, xa sexa facendo drama ou comedia, aceptándose a un mesmo, xa que as ferramentas coas que se traballan son o corpo e a voz en estado puro.
10. Deixamos para o final o motivo máis importante: A maxia, a diversión, a alegría... dende a gargallada ou dende o choro, o teatro é unión e é paixón.

Idade requerida: 
5-99años

¿Qué se traballará no curso?

10 razóns polas que facer teatro O teatro é unha desas opcións completas para poder afastar da mente o estrés laboral (e mesmo familiar) e centrarse nun mesmo e no desenvolvemento de habilidades que probablemente nos son descoñecidas. Non falamos de acudir ao teatro como público, senón ser parte do mundo teatral. Nunha clase de teatro trabállanse aspectos como a expresión corporal, técnicas de voz, improvisación, análise de texto, posta en escena e sobre todo, desenvolver o imaxinario dun xeito que só os nenos adoitan facer. Volver xogar co noso ámbito e con xente coa que se arrisca a saír da súa zona de confort para tirarse á piscina e experimentar. Que vai achegarnos todo iso no noso día a día? 1. Vencer a timidez: Ser obxecto de todas as miradas ao subir ao escenario fai que aqueles que queiran vencer a súa timidez (xa sexa por necesidades persoal ou laboral) encontren no teatro unha actividade perfecta para ir, pouco a pouco, acostumando a ser observados. 2. Mellora das habilidades psicomotrices: Nos exercicios de expresión corporal poténciase o uso do corpo como ferramenta de traballo, o coñecemento e exploración de movementos pouco habituais. Isto fai do teatro unha actividade dinámica e física, ideal para facer fronte aos males do sedentarismo. 3. Falar en público: A pesar de non ter esa timidez da que falabamos no punto primeiro, os exercicios de dicción e vocalización son moi útiles para aqueles que necesiten falar en público. Trátase de recursos cos que preparar na casa relatorios e outras intervencións, mellorando a dicción e a entoación, reforzando así a mensaxe do discurso. 4. Mellora nas relacións sociais: Superar o medo ao conflito e ao contacto físico e crear vínculos cos compañeiros, axuda a reforzar as habilidades á hora de coñecer xente. 5. Reforza a autoestima: A superación en cada clase e a repetición de exercicios e dinámicas nas que o alumno se decata da súa melloría, proporciona seguridade. 6. Eliminación de tabús: Interpretar cada día personaxes diferentes achéganos a situacións que nunca teriamos imaxinado, facéndonos sentir na pel do outro e defendendo actitudes que probablemente nunca nos formularamos. 7. Volver xogar: o desenvolvemento do imaxinario teatral e a evasión da rutina diaria nos trasporta a mundos novos e inexplorados, e proporciona ferramentas para levar o día a día de forma amena e divertida. Se ademais tedes peques na casa, abriravos un abano de posibilidades para xogar con eles 8. Liberación: O teatro contribúe á eliminación de barreiras persoais e utilización dun espazo para poder ser libre, e deixar de lado as estruturas marcadas pola sociedade. 9. Coñecemento e aceptación persoal: O teatro implica "espirse emocionalmente" en cada clase, xa sexa facendo drama ou comedia, aceptándose a un mesmo, xa que as ferramentas coas que se traballan son o corpo e a voz en estado puro. 10. Deixamos para o final o motivo máis importante: A maxia, a diversión, a alegría... dende a gargallada ou dende o choro, o teatro é unión e é paixón.

Lugar e datas

Duración: 
11/03/2015 a 24/06/2015
Instalaciones: 
Auditorio